Benvidas a Mulleres Tudenses, un espazo que nace coa vontade de poñer en valor as mulleres de Tui, as súas historias, as súas experiencias e a pegada que deixan cada día na nosa sociedade.

Cada muller ten unha historia que merece ser contada. Historias de esforzo, de emprendemento, de cultura, de deporte, de tradición, de compromiso ou, simplemente, de vida. Historias que forman parte da identidade da nosa cidade.

Mulleres Tudenses quere ser un punto de encontro onde compartir esas vivencias, descubrir referentes e contribuír a preservar a memoria e o presente das mulleres da nosa terra.

Este é só o comezo dun camiño que queremos construír entre todas e todos, dando visibilidade ó talento, á dedicación e ó valor das mulleres tudenses.

A nosa terra. As nosas mulleres.